4º, 5º e 6ºEI Visita a biblioteca municipal de Monte Alto

46

Recibimos un vídeo e era o paxaro Ole. Indicábanos que estaba na biblioteca de Monte Alto e que necesitaba a nosa axuda. É por este motivo que subimos a velo. Alí informáronnos de como é a distribución dos contos dentro da biblioteca e centráronse, máis concretamente, nos libros con rimas e nos de investigación. Cara ao final da visita, tamén tivemos a oportunidade de ler contos e traer uns poucos para a biblioteca de aula. Pasámolo fenomenal e seguro que repetiremos porque foi unha experiencia marabillosa!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica do ben que o pasamos.

4ºEI:

5ºEI:

6ºEI:

Previous articleTeatro en Inglés
Next article5º e 6º EP Visitan a Sala de Control Semafórico da nosa cidade.