
Os últimos días antes do Nadal foron moi intensos e cheos de actividades en todo o colexio.
Nalgúns cursos tivemos talleres cos papis e mamis ou con compis doutras clases, houbo sesións de cine, tempo de xogo compartido…
Os maiores de de 5° e 6° realizamos un roteiro pola cidade vella e en todos as clases houbo obradoiros de Nadal.
E o último día estivo cheo de emocións: comezamos todo o cole xuntos no pavillón co xesto da Operación Quilo e gravando un vídeo para o novo ano. E despois do recreo, todos os cursos os cursos de infantil e primaria saímos cantar a panxoliña que preparamos a distintos lugares do barrio:
- Os peques de 3 anos e 1° e 2° fomos á Escola Infantil de Zalaeta.
- Os nenos de 4 anos, 5 anos e 3° fomos ao centro de día Frama.
- E os maiores de primaria de 4°, 5° e 6° fomos ao Centro Sanitas de Montealto.
Encantaounos a experiencia! Xa queremos repetir!
E para rematar o día, a tarde non ía ser menos intensa. Primeiro tivemos a celebración de Nadal na igrexa e despois despedimos o ano coas campanadas! Si, si, tivemos as campanas por adiantado e todos comemos os nosos 12 gusanitos e nos desexamos un feliz Nadal e feliz ano 2023!