O xurado da primeira edición da liga maker dron concedeu ó noso colexio o premio ó mellor deseño de drons na competición que nos levou ó coliseo da nosa cidade.
Despois de tantas horas do curso dedicadas a mellora continua do prototipo, de aprenderen xuntos a resolver problemas que se presentan nas consultoras tecnolóxicas, o xurado composto por múltiples expertos en enxeñería, computación e drons valorou o esforzo do curso de 3º da ESO otorgándolles o galardón do mellor deseño. É certo que non se gañou a competición xa que moitos factores entran en xogo. Pero ser os campións en deseño, quere dicir que teñen un don para a creatividade, o traballo duro e a capacidade de resolveren calquera reto que se propoñan.
Noraboa 3º da ESO