
Salesianos Coruña na 1ª liga Maker Dron
Os alumnos e alumnas de 3º da ESO estivemos descubrindo e disfrutando do apaixonante mundo da programación informática.
Catro talleres despois dunha presentación a modo de introdución das capacidades e posibilidades que se abren no uso de drons.
O primeiro dos talleres consistía en pilotar un dron terrestre con gafas conectadas a unha cámara situada no dron que nos brindaba unha experiencia inmersiva. Sentíase a velocidade. No mesmo taller posibilitaba a pilotaxe dun dron aéreo, unha primeira toma de contacto para a liga. Tiñamos tamén un simulador de condución, manexado en realidade virtual.
No segundo taller amosáronnos as bondades da impresión 3-D, a facilidade coa que se poden construir e deseñar novas pezas, para ter listos os nosos prototipos nun corto prazo de tempo e a un coste ínfimo.
Un terceiro taller ensinábanos distintos sensores que se interconectaban para resolver problemas. Os problemas estaban unidos por un kahoot onde se plantexaban os retos a resolver.
O último dos talleres ensinábanos pensamento computacional usando os robots de lego Mindstorm. Programamos as rotaciones e as direccións para chegar ao punto indicado.
Unha mañá diferente con distintos profes, distinto material pero con moitas gañas de comezar a liga.







