Premio alumno 1ºBTO

59

O noso alumno de 1ºBTO Anxo Vázquez Novo recibiu este fin de semana o primeiro premio na categoría de poesía de 15 a 18 anos do Certame Literario Xoán Díaz organizado polo Concello de Cambre. Este é un máis dos premios literarios que consigue este alumno, que tamén acadou outros galardóns en competicións escolares e foi finalista no concurso de microrrelatos organizado pola Real Academia Galega.

Parabéns Anxo, e que sigas facéndonos gozar do teu talento moitas veces máis!
Aquí está nesta foto con outros compañeiros na entrega de premios do certame literario de Antigos Alumnos deste ano (primeiro pola esquerda).
Previous articleMaría Auxiliadora EP
Next articleOs mellores da semana do 31 ao 4 de Xuño