Letras Galegas 2021

121

Ao longo destas dúas últimas semanas estivemos traballando no cole entorno á festa das Letras Galegas. Fixemos traballos nas aulas, construimos un crebacabezas de Xelas Arias e ata escribimos palabras galegas en globos xigantes! Daba gusto velos voar polo patio!

Tamén aproveitamos para entregar os agasallos aos gañadores do certame de vídeos “SABÍAS QUE…?”, que por certo… Noraboa, rapaces!

Participamos todos, dende os máis peques de 3 anos ata os máis maiores de 2º de Bacharelato. Aprendimos moito e sobre todo, pasámolo pipa!

 

Previous articleOs mellores da semana do 10 ao 14 de Maio
Next articleOs mellores da semana do 18 ao 21 de Maio