A Conselleria de Sanidade, o SERGAS e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña inician o luns 19 de abril unha campaña de detección de SARS-CoV-2 dirixida á poboación adolescente (de 12 a 17 anos).
As farmacias de cada concello colaborarán con esta iniciativa, dispensando os kits de autorrecollida da mostra en saliva, aportando información sobre como debe realizar o paciente a toma da mostra, así como o procedemento para a posterior recepción e envío desde a farmacia, a través da distribución farmacéutica, ao Laboratorio de Microbioloxía.
Podedes acceder á información actualizada e á listaxe de farmacias onde realizar a proba no seguinte enlace:
https://www.cofc.es/campana/79-campana-de-deteccion-de-sars-cov-2