Día de Rosalía EP-EI

27

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no cole. Dende os máis peques de infantil ata os máis maiores de primaria coñecimos un pouco máis a Rosalía de Castro e lemos algún poemiña do seu libro “Follas Novas”. Despois aportamos as nosas particulares follas, palabras e versos aos coloridos murais. Quedaron chulísimos, non si? Nós rematamos o día cheos de alegría e rodeados de multitude de cores. Feliz Día de Rosalía!!

#DíadeRosalía #FollasNovas










Previous articleOs mellores da semana 18 e 19 de Febreiro
Next articleOs mellores da semana do 22 ao 26 de febreiro