Chegou o Samaín

60

A semana pasada no noso cole…chegou o Samaín!!! Coas súas lendas, cos contos de medo, moitos xogos, cancións, bailes e obradoiros. 
Preparamos móbiles nas clases de 4 e 5 anos que decoraron as nosas casas nesa noite tan especial e os compañeiros/as de 3 anos pintaron castañas que pegaron nun tubo de papel decorado.
En primaria houbo morcegos en 1º, cabazas de diferentes tipos en 2º, 3º e 4º , e terroríficos gatos en 5º e 6º.
Queremos agradecer de novo a enorme participación no concurso de cabazas e dar a noraboa aos gañadores.
Aterradores bicos para todos  
#Samaín #lendasetradicións #aprenderxogando

 

Previous articleOS MELLORES DA SEMANA
Next articleOs mellores da semana