Neste ano tan particular, o noso alumnado de 2º de Bacharelato volveu enfrontarse ás ABAU con grandes resultados.Na convocatoria ordinaria do Bacharelato aprobou o 100% do alumnado matriculado, e nas probas ABAU aprobou o 98% dos presentados. Parabéns!
Pero aínda máis importante é a nota media acadada nas probas, que supera en 0,8 décimas a media de Galicia. Bo traballo rapaces!
Merece unha mención especial o alumno Diego Asín de Alcalá xa que a Universidade de Santiago de Compostela recoñeceu o seu traballo por ser un dos mellores expedientes das ABAU dos centros de Ensino Medio de Galicia., e como tal foi galardonado no acto institucional que tivo lugar no Reitorado da USC o 23 de xullo pola tarde.
Desexámosvos moita sorte no futuro, e vémonos o 4 de setembro para a vosa graduación.