SOMOS PUNTO DE RECOLLIDA DE TERRACYCLE

57

Seguimos de celebración! Terracycle (unha empresa líder na reciclaxe de residuos difíciles de reciclar) acéptanos como punto de recollida de material escolar para reciclar!!

Xa dispoñemos de caixas  por todo centro, onde recoller todo este material.

Que material se recolle? Bolis, rotus, florescentes, marcadores, portaminas, tipex de todo tipo, plumas estilográficas, cartuchos de tinta…

Que material non se recoller? Pegamentos, gomas, reglas, lápice ou tesoiras.

Que facemos con todo este material? A partir de 20kg de materiais de escritura veñen a recollérnolo ó cole e darannos 0,01€ por cada instrumento de escritura para doar a unha asociación que escollamos. Xa estamos pensando a quen podemos axudar!

Que fai Terracycle con este material? Reciclan todo nunhas fábricas en Francia!

Todos saímos gañando!! Eliminamos residuos, eles reciclan e nos poderemos axudar a algunha organización que o precise!! Así que lembrade!! Todos a traer os materiais de escritura que queirades tirar ó centro. Deixaremos unha caixa tamén en portería para que vos sexa máis doado depositalos!!!

Todos xuntos conseguiremos moito máis!!

Previous articleXA SOMOS DA ALIANZA VERDE DE DON BOSCO!!
Next articlePublicada la web de BoscoGreen