Os maiores da ESO crean historias baseadas no lema do curso para os máis pequenos!

9

Hoxe, un grupo de alumnos e alumnas de Educación Artística de 4º ESO volveu ás aulas de infantil do cole para compartir con eles os contos que están creando como parte do seu proxecto de aprendizaxe-servizo «Contos audiovisuais infantís».

As historias están inspiradas no lema deste curso, «Esta é a túa casa», e buscan transmitir valores tan importantes como a acollida, o agradecemento, a colaboración, o traballo en equipo e a importancia de ofrecer segundas oportunidades, sen prexuízos.

Os compañeiros e compañeiras que se ofreceron voluntariamente para facer unha primeira mostra do traballo ao alumnado de 5º EI, compartindo con eles un contacontos. Foi unha xornada moi especial na que os maiores, que se están a converter en creadores de historias cheas de vida, puideron achegarlles as súas creacións aos máis pequenos a través dun contacontos cheo de ilusión.

Pero isto non remata aquí! Seguimos traballando para transformar estas historias en contos audiovisuais e preparando con moito agarimo a escenografía. Todo para que, moi pronto, os pequenos poidan gozar dunha proxección moi especial no teatro do noso cole.

Que ganas de compartir con eles o resultado deste traballo!

Previous article«Enredos na rede», titorías de 4º ESO