Feliz Thanksgiving! Sorrisos e gratitude no cole

7

Hoxe, todo o noso alumnado de Infantil e Primaria e o seu profesorado celebraron xuntos o día de Acción de Grazas cunha actividade moi divertida chea de gratitude e de compartir.

Cada clase escribiu as súas palabras favoritas de agradecemento en globos de cores para contar polo que dan as grazas. Despois, o alumnado de Primaria decorou pratos coa comida que lles encantaría compartir e con quen o farían, mentres que os nenos e nenas de Infantil traballaron en equipo para decorar o pavo, o prato clásico de Acción de Grazas!

Todos participaron con moita ilusión e grandes sorrisos, aprendendo un pouco máis sobre as tradicións norteamericanas mentres celebraban o que máis importa: a gratitude.
Happy thanksgiving!

Previous article¡Chega o noso II torneo de baloncesto 3×3 Salesianos ! ¡Anímate e participa!
Next articleHoxe celebramos as eleccións ao Consello Escolar