¡Chega o noso II torneo de baloncesto 3×3 Salesianos ! ¡Anímate e participa!

13

Gústache o baloncesto? Apetéceche pasar un bo intre facendo deporte, compartindo equipo e desfrutando da emoción da competición? Entón este torneo é para ti!

Desde o cole animámosvos a participar no noso II Torneo de Baloncesto 3×3, unha oportunidade fantástica para desfrutar do deporte, coñecer a outros xogadores e, sobre todo, pasalo en grande!

O torneo está aberto a todos os alumnos e alumnas, familias e amigos do cole, así como a calquera persoa de fóra do centro que queira sumarse a esta experiencia. Cuantos máis sexamos, mellor!

Forma o teu equipo, reúne os teus compañeiros, familiares ou amigos, viste a camiseta do torneo que che entregarán ese día, tras a inscrición, e desfruta dun día en equipo con picnic incluído. Premios, deportividade e un día de diversión asegurada nun bo ambiente!

Pica aquí para máis información sobre os horarios, a inscrición e moitos máis detalles.

🏀 Prepara o teu equipo, apúntate e que empezo o xogo!

Esperámosvos na pista o día 8 de decembro!

Previous articleHoxe tocou desfrutar da música en directo!