O alumnado do colexio vive un tempo de reflexión e novos comezos nas celebracións da Reconciliación

146

Ao longo da semana pasada e desta, o alumnado desde 4º de Primaria ata 2º de Bacharelato participou nas celebracións da Reconciliación, unha actividade pastoral que convidou a parar, pensar e mirar con sinceridade como estamos a vivir.

Durante estas sesións, cada grupo tivo un tempo para reflexionar sobre a súa vida cotiá: na casa, no colexio, coa familia, cos amigos e tamén no tempo libre. Foi unha oportunidade para preguntarse que camiños escollemos cada día e que tipo de persoas queremos ser.

Tamén se recordou que Deus segue insuflando vida en nós a través das persoas que nos queren, das oportunidades que aparecen e dos novos comezos que sempre son posibles. A pregunta final quedou resoando entre os alumnos/as: “Ao longo deste trimestre… como estamos vivindo realmente a nosa vida?”

Como xesto final, cada alumno/a escribiu un propósito persoal, un compromiso para mellorar e vivir con máis plenitude. Todas esas intencións foron colocadas nun gran árbore, que agora luce cheo de follas verdes cargadas de esperanza e bos desexos.

Unha actividade que, sen dúbida, axudou a cultivar un clima de interioridade, gratitude e renovación en toda a comunidade educativa.

Previous articleAmbientes infantil
Next article2º e 3º ESO vive o musical LÚA