
Esta semana na nosa actividade extraescolar de PAIS non hai exames… hai adestramentos oficiais! Sabemos que os exames oficiais de Cambridge de maio impoñen un pouquiño, así que puxémonos o “mono de traballo” para ensaiar a tope.
O obxectivo? Que cando chegue o exame de verdade, o noso alumnado se sinta como na casa. Estamos practicando como dominar os nervios, como gañarlle o pulso ao reloxo e, sobre todo, lembrándolles que son capaces disto e de moito máis.
Bo traballo!









