
A pasada semana os nenos e nenas de educación infantil e educación primaria puideron gozar dunha obra de teatro en inglés no teatro do colexio.
Pola mañá foi a quenda de 3º a 6º de primaria e puideron gozar da obra “The emperor’s new suit”. Pola tarde foron os máis pequenos, de infantil e 1º e 2º de EP, ver a obra “The tin soldier”.
Todos os grupos xa traballaran previamente as obras desde a área de inglés e puideron gozar coas súas cancións, que xa coñecían.
Ao remate das obras tiveron a oportunidade de falar cos actores e actrices e facerlles algunhas preguntas, poñendo en práctica as súas habilidades comunicativas.
Gozárono un montón!



