Titoría 4º ESO “Enredos na rede”

187

O alumnado de 4.º da ESO participou esta semana na titoría “Enredos na rede”, un obradoiro impartido por ADAFAD. A actividade ten como finalidade promover decisións saudables no uso responsable das redes sociais e analizar de forma crítica como inflúen na propia conduta e na das demais persoas. A través de dinámicas participativas, o grupo reflexionou sobre riscos, hábitos dixitais e a importancia de construír unha presenza en liña segura. O centro agradece a ADAFAD a súa colaboración na formación integral do alumnado.

Previous articlePleno infantil no Concello
Next articleCelebración da Reconciliación