Proxecto DIVERSENDA

218

Hai unhas semanas tivemos a primeira das dúas actividades conxuntas dentro do proxecto Diversenda.

Neste proxecto, que se desenvolve entre a Universidade da Coruña, ENKI, o Colexio de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes e o noso colexio, desde a área de Educación Física o noso alumnado de 4º de Educación Primaria estivo deseñando e adaptando xogos e deportes para que sexan realmente inclusivos, decatáronse de que todos e todas podemos e debemos xogar xuntos.

Onte, ENKI explicounos o labor que realizan e amosáronnos algunhas das súas actividades e materiais. O alumnado da UDC ensinounos como manexar unha barra direccional e nós amosámoslles como adaptamos os nosos xogos e deportes para que todos puidésemos xogar e gozar.

Foi unha xornada de tres horas na que a aprendizaxe, a inclusión e a diversión foron as protagonistas.

Xa estamos agardando a segunda xornada de Diversenda para seguir aprendendo xuntos!

Previous articleTeatro en galego en EI e EP
Next articleActividade Diabetes Basket Fest