Convivencias 6º EP

130

Os pasados 23 e 24 de outubro os nenos e nenas de 6º EP tivemos a oportunidade de pasar dous días de convivencias na casa Salesiana de Castrelo, en Cambados.

O xoves, tivemos uns bos días especiais e diferentes. Ao remate saímos no bus cara Cambados. Á chegada ao pazo do colexio puidemos coñecer os espazos e repoñer forzas coa merenda. A continuación, realizamos unha pequena visita aos animais da granxa escola, que xa coñeciamos de visitar en anos anteriores.

Despois da visita instalámonos nas habitacións e puidemos disfrutar xuntos da comida no patio do colexio. 

Tras repoñer forzas puidemos saír a facer a ruta da Pedra e da Auga. Aínda que foi unha camiñata longa e con algún momento pedregoso, encantounos! Chegamos ao mosteiro de Armenteira, onde Xabi nos contou algunhas curiosidades da súa historia e visitamos a igrexa, capela e o claustro.

Regresamos ao colexio e despois dun descanso e a merenda, realizamos unhas dinámicas nas que analizamos como foi a ruta que fixemos e como foi o noso camiño pola etapa de primaria, cos seus aspectos positivos e negativos.

Pola noite, trala cea, desfrutamos xuntos dun tempo de xogos musicais.

O venres puidemos seguir afondando na nosa relación cos demais, analizando que características consideramos que debe ter un bo amigo e cales cumprimos cada un e cada unha de nós.

Rematamos as convivencias cunha pequena celebración da palabra na que puidemos dar grazas por estes dous días de convivencia que seguro que nos axudan a seguir medrando, camiñando e sendo protagonistas da nosa historia. 

Deixámosvos algunhas fotos destes dous días.

Previous articleConvivencias 1º da ESO
Next articleCelebrando o Samaín