Feira de proxectos. ¡Portas abertas!

199

Todo o colexio estamos a preparar un evento moi especial. Unha feira de proxectos na que os nosos alumnos ensinaranvos e explicarán as distintas actividades que realizaron nas distintas materias ao longo deste curso 2024-25.

Será unha xornada de portas abertas, polo que calquera persoa que desexe coñecer o traballo realizado polos nosos alumnos en infantil, primaria, secundaria e Bacharelato será benvido.

Non dubidedes en achegarvos a coñecer o seu traballo. Estarán encantados de compartir convosco os seus proxectos e actividades!!!

Agardámosvos! 😉

Previous articleViaxe a Madrid de 4º ESO
Next articlePresentación do Bacharelato Dual Americano curso 2025-2026