María Auxiliadora celébrase ao grande

118

Tras uns días previos cargados de ambiente festivo —coa novena, a Festa da Familia, etc.— o venres 23 e o sábado 24 de maio vivimos os momentos máis intensos e agardados da celebración de María Auxiliadora no noso cole.

O venres comezou cunha celebración relixiosa moi especial no patio, onde nos xuntamos todos os cursos, desde os máis pequenos de Infantil ata os maiores de Bacharelato, con presenza tamén dunha boa representación de familias. Foi un momento emotivo e compartido, que nos recordou por que María Auxiliadora é tan importante para nós. Despois dun pequeno tentempié doce, chegou a diversión para os maiores do colexio: unha gran gincana con xogos en equipo, animación e bo ambiente por todos lados. A mañá rematou co campionato “Interclases”, cheo de emoción e deportividade no que venceu o equipo de Bacharelato cun resultado contundente, e a posterior entrega de trofeos e celebración. De forma simultánea, no teatro, os nenos e nenas de Infantil e Primaria demostraron as súas dotes escénicas no teatro do colexio cunha marabillosa velada musical.

Na soleada tarde do venres, a actividade trasladouse ao patio e á Sala Aberta do Centro Xuvenil Abeiro, xunto a outros espazos do colexio, onde se ofreceron talleres, xogos por idades, música en directo e un chiringuito. Alí, as familias puideron compartir a merenda-cena e disfrutar dunha tertulia nun ambiente festivo e acolledor.

 


 

Previous articleUn premio moi especial para un alumno de 2º da ESO
Next articleDe 1º a 5º de EP convivindo en Compostela!