
20N DÍA DA INFANCIA
Co gallo da celebración do día da infancia, os nenos e nenas de infantil xunto coas súas profes, ao longo da semana, quixemos visibilizar coas nosas mans e o traballo con diferentes dereitos ese día. Así ,cada clase propuxo un dereito co que traballar: o dereito a xogar, a ser feclices, a que nos protexan, a vivir nun mundo limpo e saudable, á educación e, como non, a vivir en paz. Sen esquecer que todo dereito tamén ten a súa obriga.
Encantounos esta tarefa e pasámolo moi ben facéndoa. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.








