
O pasado mércores 21 o noso colexio viviu unha xornada moi especial co proxecto Diversenda, unha iniciativa de sensibilización e inclusión a través do deporte.
O alumnado de 4.º de Educación Primaria dos Salesianos, xunto cos estudantes da mención de Educación Física da UDC e o alumnado do CEE Nosa Señora de Lourdes, compartiron unha mañá chea de xogos, experiencias e aprendizaxe.
A través de diferentes estacións, como os vehículos adaptados ENKI, os xogos inclusivos e a barra direccional, descubriron que o deporte é unha ferramenta para superar barreiras, fomentar a empatía e construír unha sociedade máis inclusiva.
Porque xogar, participar e disfrutar é un dereito de todas e todos.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia! 💙



