Ambientes infantil

183

Na etapa de infantil seguimos cos ambientes a pleno funcionamento.

Este trimestre incorporáronse os nenos e nenas de 3 aniños, onde os máis pequenos do cole realizan as propostas moi alegres e gozan moito de todas as actividades.

No ambiente de Lóxica xogamos cos números aos pasaxeiros do autobús, coas regletas a facer camiños matemáticos, series e xogos de mesa. Tamén traballamos as figuras xeométricas.

No ambiente Científico fixemos, entre outros experimentos, neve artificial, copos de neve, patinando sobre xeo e millo saltarín.

No ambiente de Expresión Oral, a través de diferentes propostas, como describir imaxes, inventar historias, dramatizacións e xogos varios, cada día imos gañando habilidades e confianza, mentres desenvolvemos a linguaxe dunha forma natural e divertida. Este ambiente convértese así nun lugar onde a palabra, a imaxinación e a escoita cobran un papel protagonista.

No ambiente artístico xogamos cos ritmos e a música. Realizamos coreografías sinxelas e utilizamos apps de creación de melodías e cancións.

Aquí deixámosvos unha pequena mostra do moito que traballamos.

Previous articleProxecto EF: ” Ti ensínasme, eu ensínoche”.
Next articleO alumnado do colexio vive un tempo de reflexión e novos comezos nas celebracións da Reconciliación