
En 2º de ESO vivimos unhas xornadas moi especiais dentro do plan de titorías
Da man de ADAFAD, o noso alumnado profundou en como afectan as drogas ao cerebro, reflexionando tamén sobre a presión de grupo e o verdadeiro significado da adicción.
Cun enfoque próximo e participativo, a sesión convidou a pensar, cuestionar e tomar conciencia.
Seguimos apostando por unha educación que forme mozos sans, críticos e responsables, capaces de tomar decisións informadas sobre o seu benestar.



