Proxecto Diversenda 2ª actividade

132

O pasado mércores tivemos a segunda actividade conxunta do proxecto Diversenda.

Participamos 130 persoas entre o alumnado da UDC, o alumnado do Colexio Nosa Señora de Lourdes, a asociación Marines e o Colexio Salesianos San Juan Bosco.

Nesta ocasión gozamos, por unha banda, dunha ruta de sendeirismo a través do Bosque dos Veciños en Oleiros e, por outra, dunha serie de xogos que nos tiña preparado o alumnado da Facultade de Maxisterio.

Durante o noso paseo aplicamos o aprendido nas sesións anteriores sobre a barra de dirección, para que as persoas invidentes poidan participar nun paseo pola natureza sen correr riscos. Tamén puidemos ver como funcionaban as cadeiras especiais para que persoas con algún tipo de discapacidade puidesen participar en actividades no medio natural.

Gozamos da paisaxe e desta experiencia inmersiva na natureza e, como non, quedamos con ganas de máis.

E como dixo unha das nosas alumnas cando empezaron a caer catro pingueiras: “adiante, sempre adiante”.

Previous articleTitoría Voluntariado 3º ESO – Fundación Juan Soñador
Next articleTitorías 1º ESO: “As redes e as súas redes”