
O pasado xoves 30 de outubro o alumnado de Educación Infantil e Primaria tivemos a oportunidade de acudir ao teatro para ver a obra, Inverno na lavandería de K`Paparota Teatro.
Estivemos moi atentos durante toda a función e gustounos moitísimo a historia! Foi unha experiencia divertida e chea de aprendizaxes.



