Estudo de degradación das toalliñas desbotables

130

Os alumnos de 1º de Bacharelato comezaron un experimento para estudar a degradación do papel hixiénico húmido. Neste experimento porán a proba diversas marcas de papel hixiénico húmido para comprobar o tempo que tardan en degradarse e poder saber se realmente é conveniente desbotalo polo WC.
En poucos meses compartirán os resultados… Polo de agora iniciaron o seu primeiro experimento científico e xa aprenderon que o deseño de experimentos non sempre é tan doado como parece, xa que é necesario ter baixo control todas as variables que interveñen. Agora tócalles realizar observacións para ver a evolución das distintas marcas de toalliñas para o WC.
Este experimento completarase cunha visita á estación depuradora da nosa cidade para coñecer como se realiza a depuración das augas residuais que xeramos e coñecer de primeira man o problema das «ovellas», que son as enormes masas de toalliñas que se forman á entrada das depuradoras e que causan numerosos problemas de funcionamento.

 

Previous articleGraduation day! Bacharelato Dual Americano.
Next articleTeatro en galego en EI e EP