Volta ao cole!

362

Despois das vacacións de verán… Por fin chegou o momento de volver ao cole!

Coma sempre, o primeiro día amanecía cunha mestura de ilusión, ledicia por volver a ver aos compañeiros e compañeiras, nervios ante os novos cambios e por suposto, cun pouquiño de sono.

Os maiores comezamos o curso cuns bos días conxuntos no teatro. Despois fomos ás aulas para coñecer as novidades e organización do novo curso.

Os máis pequenos atopámonos ao inicio no patio para despois subir ás nosas aulas e ter os bos días. Foi un primeiro día con moitas actividades, dinámicas e xogos onde poder volver atoparse con amigos e celebrar que volvemos a iniciar xuntos un novo curso no que queremos ser…

PROTAGONISTAS DA HISTORIA!!! 

Previous articleConvivencias 3º ESO – Camiño de Santiago
Next articlePrimeira semana en Infantil superada!