
Estamos moi contentos de contarvos que Iñaki, de 2º da ESO, foi un dos gañadores do concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn_Mocidade, organizado pola Deputación da Coruña. O seu relato, “A tecedora de la”, levou o premio na categoría A, para alumnado de 1º e 2º da ESO. O xurado destacou o ton de fábula da historia e a mensaxe que transmite: a importancia de valorar o que é noso.
Nesta primeira edición do concurso participaron máis de 160 rapaces e rapazas de toda a provincia, así que para Iñaki é un recoñecemento moi merecido. Ademais do premio individual (un bono cultural), tamén terá unha saída cultural coa súa clase. Estamos moi orgullosos del e encantados de ver como os nosos alumnos e alumnas seguen medrando tamén a través da escritura.
Parabéns, Iñaki, e grazas por compartir o teu talento con nós! 📝✨



