A escritora María Solar visita o noso centro para presentar Adeline

121

O noso centro tivo a honra de recibir este venres a visita da escritora, xornalista e comunicadora María Solar, quen compartiu unha xornada moi especial co alumnado para presentar a súa novela Adeline.

María Solar, recoñecida autora de literatura infantil e xuvenil, é coñecida por obras como O meu pesadelo favorito ou Os nenos da varíola, e combina a súa traxectoria literaria cunha destacada carreira nos medios de comunicación galegos.

Durante o encontro, Solar achegou ao alumnado ao fascinante universo de Adeline, unha historia que representa unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula.
O alumnado participou na conversa, formulando algunha pregunta interesante e reflexionando sobre o proceso creativo e o papel da literatura nas linguas minorizadas. Foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora e inspiradora para toda a comunidade educativa.

Previous articleProbas oficiais de certificación de nivel de inglés
Next articleFestexando con 2º Bachillerato, xa son antigos alumnos! Promoción 2025