2º EP Visita o Castelo de San Antón

114

Neste terceiro trimestre os nenos e nenas de 2°EP estamos a traballar a Prehistoria na materia de Coñecemento. Para axudarnos a comezar este proxecto, o pasado venres puidemos visitar o Castillo de San Antón e o seu Museo Arqueolóxico.

Alí, puidemos observar moitos obxectos, relacionados con distintas épocas, que nos axudaron a entender como viviamos: pedras, ferramentas de traballo, obxectos de ouro, diademas… Ademais, tamén nos explicaron moitos aspectos sobre a evolución da nosa cidade e elementos que nela fóronse atopando ao longo dos anos. Coñecemos unha chea de datos e información que nos van a axudar no noso proxecto.

Un día non chuvioso, que nos permitiu ir ata o Castillo gozando dun agradable paseo pola nosa marabillosa cidade e gozar aínda máis da nosa visita. Estamos a desexar seguir investigando e aprender novas características da Prehistoria.

Previous articleVisita La Voz de Galicia 5° e 6° EP
Next articleProbas oficiais de certificación de nivel de inglés