2º ESO esquiando en Astún.

126
O alumnado de 2º ESO estivo gozando de catro días de esquí na estación de Astún, en Huesca, a semana pasada.
Foron uns días estupendos, de toma de contacto cun deporte que a maioría deles nunca practicara.
Gozaron moitísimo nas pistas, e tamén fóra delas, compartindo momentos cos seus compañeiros que seguro que lembrarán sempre.
O ambiente foi formidable e tiveron a oportunidade de descubrir novos vínculos entre eles.
Os profesores facemos un moi bo balance da viaxe, xa que todos os alumnos completaron os catro días de esquí e volven todos con moitas ganas de repetir.
Parabén a todos!!! Sodes uns campións.
Aquí deixámosvos unhas imaxes dalgúns dos momentos vividos.

Previous articleAprendendo do bombeiro Michel
Next articleEncontro coa escritora Andrea Maceiras