Somos escritores e ilustradores ao servizo dos peques!

108

Hoxe o alumnado de Educación Artística de 4º ESO volveu á Escola Infantil Zalaeta, tal e como se comprometeron cos pequenos na súa primeira visita, para ensinarlles como van os contos que están a crear conforme ás súas peticións, produto do seu proxecto de aprendizaxe-servizo “Contos audiovisuais infantís” que están desenvolvendo entre as materias de Lingua e Literatura Galega e Educación Artística. O obxectivo era mostrarlles os contos, lérllelos e que os máis pequenos puidesen comprobar se estaban de acordo co que pediran na primeira visita, suxerindo posibles cambios a realizar polos escritores e ilustradores nos que se están convertendo os maiores da ESO neste proxecto de aprendizaxe-servizo.

O próximo paso do proxecto é converter estas historias en contos audiovisuais coa ilusión de que cando os convidemos a ver a proxección no teatro do noso cole lles gusten moito!

Previous articleTeatro en inglés para o alumnado da ESO
Next articleFestival de panxoliñas coas familias