
Co gallo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, os nenos e nenas de Infantil e Primaria puxeron voz a un video conmemorativo da nosa lingua que visualizamos no teatro ao longo do día.
Na etapa da ESO e Bacharelato unhas compañeiras realizaron unha contextualización sobre a escritora protagonista do día das Letras Galegas, Begoña Caamaño.
Celebrouse tamén a entrega de premios do concurso audiovisual «Sabías que?» e do concurso literario de poesía e relato curto, organizados desde a materia de Lingua e Literatura Galega.
Gozamos da interpretación musical da Rianxeira por dúas alumnas e o broche ao acto académico para a conmemoración das Letras Galegas no noso teatro foi a interpretación dun monólogo por dous alumnos.



