Cantando as Letras Galegas de 2025

330

Para conmemorar o día das letras galegas, os nenos e nenas de infantil e primaria estivemos traballando ao longo das dúas últimas semanas.

En primeiro lugar, cada curso pintou un debuxo dunha cantareira das homenaxeadas neste día e, entre todos, montamos un mural no patio que quedou chulísimo. Podedes achegarvos a velo! Ademais disto, cada curso escolleu unha copliña típica galega e versionou a letra.

Con todo este traballo realizado, xuntámonos esta mañá no patio para ver o resultado dos nosos ensaios e desfrutar xuntos dunha boa foliada. Ademais de escoitar as creacións de todos os nosos compañeiros, tivemos a sorte de contar con Mero e Raúl, que coa súa voz e a súa gaita nos ensinaron algunha canción e puxeron ritmo e música na nosa festa.

En cantounos poder desfrutar xuntos, con música e foliada, da nosa lingua, das nosas verbas. Amosamos que usándoa, sempre estará viva!

Secundaria celebrou o Día das Letras Galegas cunha xornada especial dedicada ás figuras homenaxeadas deste ano, destacando a súa contribución á lingua e á cultura galega. 

Este ano, o acto contou cunha visita moi especial: Mero Iglesias, integrante do emblemático grupo Fuxan os Ventos, que compartiu cos nenos e nenas a súa paixón pola música tradicional galega e animou ao alumnado a interpretar con el algunhas das cancións máis coñecidas do repertorio galego, acompañados do son da pandeireta e da gaita. Agradecémoslles moito a Mero e a Raúl a súa colaboración.

Foi un día inesquecible no que a música e a palabra se uniron para celebrar a nosa lingua, enchendo os corredores do colexio de ritmo, cultura e identidade galega.

Aquí tedes un vídeo recopilatorio dalgúns dos momentos deste día de festa.

 

Galería de fotos de EI-EP:

 

Galería de fotos de ESO-Bacharelato:

Artículo anterior1º Bto. comparte la música tradicional gallega con migrantes en Teranga.
Artículo siguienteUn premio muy especial para un alumno de 2º ESO