
O venres, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato da materia de Debuxo Técnico asistiron a unha visita guiada ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña.
Os alumnos visitaron 4 dos laboratorios do CITEEC e puideron coñecer de primeira man a actividade investigadora que se leva a cabo neles. Asistiron tamén en tempo real a algún dos ensaios que se levan a cabo e viron demostracións en réplicas a escala das máquinas de ensaio preparadas para a ocasión. A visita guiada comezou no túnel de vento, no que se fan estudos aerodinámicos de pontes a partir dos modelos físicos a escala, despois dirixómonos á Dársena de Portos e Costas, ao laboratorio de Hidráulica e ao Laboratorio de Construción, onde entendimos que neste último laboratorio os ensaios non é posible facelos a escala reducida senón que teñen que ser a escala natural.
Foi unha actividade complementaria moi interesante e motivadora para eles, na que puideron ver a aplicación dalgunhas materias coma física, matemáticas, debuxo técnico, tecnoloxía… á vida real e, máis concretamente, no ámbito da enxeñería. Unha actividade dentro do ciclo de eventos «Conciencias creativas», organizado polas universidades galegas e varios organismos de investigación científica de máximo nivel.
Moitas grazas ao CITEEC pola súa implicación para que esta actividade fose tan satisfactoria para os nosos futuros enxeñeiros, arquitectos, físicos, matemáticos… porque como di o noso lema de curso… Somos futuro!



