
Estamos a comezar o curso escolar e con el as reunións de inicio de curso coas familias. Onte recibimos ás familias do noso alumnado de 4ºEI, que este curso se estrean no cole. Benvidos ao cole de Salesianos, onde os vosos fillos e fillas comezan unha grande etapa na que queremos colaborar convosco na educación dos peques para potenciar os seus talentos, non soamente académicos senón tamén da súa formación integral.
Comezamos, benvidas, familias!



