4º ESO-Viaxe de estudos a Madrid

145

O martes pasado os alumnos/as de 4°da ESO emprendían a súa viaxe a… MADRID! Tras a chegada ao hotel e unha noite de descanso, chegaba a mañá do mércores. Este día gozaron dun día asollado paseando polo centro da cidade: Atocha, Praza Maior, Palacio Real, Porta do Sol, Gran Vía… Sen esquecer a visita ao Museo do Prado. A través das súas pinturas, Goya, Velázquez e O Bosco, entre outros, foron os encargados de trasladalos a outras épocas e momentos históricos. Aprender así é, sen dúbida, moito máis divertido! Tras longos paseos polas rúas de Madrid chegaba o momento de descansar e coller forzas para o día seguinte… Ben cedo, e con ganas de ser os primeiros en montar en todo, chegaron os nosos alumnos/as o xoves á Warner. Batman, o Joker e súperman foron algúns das testemuñas dos berros que se escoitaban mentres os mozos/as baixaban a gran velocidade. Foi xenial ver as súas caras de emoción tras montar en cada unha das atraccións e velos gozar xuntos deste día.  Finalmente, o venres acudiron aos musical «Soños», onde a través das súas voces e coreografías, os actores e actrices narráronnos a vida de Don Bosco. Que gran traballo!  Tras isto, e con algunha que outra cara de cansazo acumulado, emprenderon a súa viaxe de volta a casa.

Artículo anteriorSemana do Libro
Artículo siguienteLuces, cámara, acción! Premiados!