Participación no programa de orientación académico-profesional Unidream

91
E agora que?
Esta é a pregunta á que se enfrontan tódolos estudantes cando rematan os seus estudos de bacharelato. Pero, realmente coñecen toda a información precisa que lles axudará a tomar a decisión que marcará, en certa medida, o seu futuro profesional?
Dende o departamento de orientación do noso centro organízase, un ano máis, a participación dos alumnos de 4º ESO e de 1º Bacharelato no programa Unidream.
O obxectivo do programa é dar aos alumnos destes cursos unha orientación académica, ademais de darlles a coñecer as posibilidades de estudar en universidades americanas, europeas e españolas. Tras estudar o seu perfil, cada participante recibe un informe con universidades e carreiras que poderían encaixar segundo o seu nivel, intereses e habilidades.
Ademais, os mellores perfís a nivel nacional terán a opción de gañar a beca Unidream: que consiste na xestión do proceso de preparación, admisión e solicitude de beca para unha universidade internacional, tanto para estudiantes académicos como estudiantes deportistas. Este foi o caso do noso alumno Brais Hidalgo Ramírez, actualmente en 1º de bacharelato, quen gañou o ano pasado a beca correspondente á modalidade e-sports.
Artículo anterior8M Día internacional da muller
Artículo siguienteSueños, descubre el musical.