
Recibimos un vídeo e era o paxaro Ole. Indicábanos que estaba na biblioteca de Monte Alto e que necesitaba a nosa axuda. É por este motivo que subimos a velo. Alí informáronnos de como é a distribución dos contos dentro da biblioteca e centráronse, máis concretamente, nos libros con rimas e nos de investigación. Cara ao final da visita, tamén tivemos a oportunidade de ler contos e traer uns poucos para a biblioteca de aula. Pasámolo fenomenal e seguro que repetiremos porque foi unha experiencia marabillosa!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica do ben que o pasamos.
4ºEI:
5ºEI:
6ºEI:



