
O día 23 os alumnos de 1º a 4º de ESO realizaron unha breve etapa do camiño de Santiago e entraron pola Porta Santa a facerlle unha visita ao Apóstolo Santiago. Os de 1º de BTO pasaron o día en Galipark. Creo que foi un día bonito para todos. Os profes debemos dicir que os alumnos se portaron ben, aínda que todo é mellorable.
O día 24 celebramos a Festa de María Auxiliadora que tivo tres momentos: a celebración na Igrexa, a yincana , e a final de fútbol interclases entre 2ºBTO e 1ºBTO. Na celebración da igrexa os delegados de segundo de bacharelato déronlles o relevo aos de primeiro nunha fermosa cerimonia. A emocionante yincana foi gañada polos grupos B e a emoción desbordouse na final de fútbol. Os alummos de 1ºBTO empatan (4-4) a 10 segundos do final da prórroga e nos lanzamentos de penaltis venceron 5-4.
O único elemento negativo foi a luxación de xeonllo que sufriu Claudia Sánchez, quen tivo que ser levada a Urxencias nunha ambulancia. Desexámoslle unha pronta recuperación.