Visita concelleira de Medio Ambiente: María García

64

Hoxe visitounos a concelleira de Medio Ambiente María García para coñecer o traballo que fixemos no proxecto EcoBosCoru e quedou moi abraiada! A páxina web, os contos, os vídeosecomicscontenedorescarteis e o resto de materiais que fomos creando parecéronlle xeniais! Felicitounos persoalmente e animounos a seguir co proxecto contaxiando a toda a xente que poidamos.

Visitou as instalación de infantil, onde puido ver todos os proxectos que levaron a cabo os máis pequenos, con materiais reciclados. No patio comprobou o gran traballo que fixeron os alumnos de primaria, pintando as distintas papeleiras para a separación de residuos.

Percorreu os corredores de secundaria, onde puido ver os distintos contenedores, carteis motivadores e traballos que fixeron os alumnos da ESO e nunha das aulas amosámoslle a páxina web do proxecto e os resultados do estudio estatístico que fixeros os alumnos de 2º da ESO.

Recordounos que é moi importante separar ben o orgánico do inorgánico, aínda que xa o estabamos facendo moi ben, pero isto axudo moito na separación do resto de residuos. E por último fíxonos unha petición: que este ano, na noite de San Xoán, axudemos a deixar a praia do Orzán baleira de residuos, empregando os contenedores e colaborando coa campaña “Móllate polo teu”.

Así o faremos María!! Moitas gracias pola túa visita e os teus ánimos e parabéns polo noso traballo!

Artículo anterior5ºA – ED. INFANTIL VA A GADIS
Artículo siguienteVisita al Arsenal de Ferrol (4º ESO)