• Inmersión Lingüística

Nos cursos comprendidos entre os anos 2012- 2015 participamos nunha actividade inmersión lingüística cunha viaxe de estudos no Reino Unido, na cidade de Ramsgate, na etapa de EP nos cursos de 5º (somentes no primeiro ano), 6º EP e 1º ESO, con aloxamento en residencia.

Nos cursos escolares 2013 / 2014, 2014 / 2015 os alumnos de 3º e 4º ESO fixeron unha viaxe de estudos ao Reino Unido, con aloxamento en familias, a York no primeiro ano e a Brighton no segundo ano. Neste curso 2015-2016 os alumnos de de 3º e 4º E.S.O foron en setembro á cidade de Eastbourne. Nos seguintes anos ofertouse a viaxe a Dublín e Southbourne. Continuamos ofertando esta tipo de viaxes co aloxamento en familias.